sábado, 13 de junio de 2026
Concello de Valdoviño - Valdoviño convértese hoxe en capital do encaixe de bolillos coa súa Xuntanza de Palilleiras e Multilabores que terá lugar durante toda a xornada no pavillón municipal O Longoiro, en #Meirás 📍. A cita, organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño, celebra unha das súas edicións máis multitudinarias 🔝, coa participación de máis de 450 artesás procedentes de toda Galicia e máis doutras comunidades. Uns rexistros que para o alcalde, Alberto González, confirman que estamos ante un evento consolidado non só no calendario local senón tamén comarcal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)





0 comentarios:
Publicar un comentario